Thursday 19 de September de 2024

Neda presenta o cartel da XXXIV Festa do Pan O Concello volve confiar o deseño ao ilustrador Juanlu Nacha 


A XXXIV Festa do Pan de Neda xa ten cartel oficial. O  Concello volve confiar no deseñador gráfico Juan Luis Fernández, máis coñecido  como Juanlu Nacha, para crear a imaxe que publicitará a Festa de Interese  Turístico de Galicia, que se celebrará, como é tradición, o primeiro domingo de  setembro, día 1 neste 2024. Nela, tomarán parte as panaderías La Gallega,  Modesto Hermida, Paca Castro Romero, Panificadora Germán e Santa Rita,  ademáis de J. Castro Romero e Vda. De A. Romero, que colaborarán na mesma. 

O cartel segue a línea gráfica do pasado ano, outorgando todo o protagonismo ao  produto gastronómico estrela da localidade e á tradición. Trátase dunha auténtica  obra de arte, que capta a esencia da festa, a principal do calendario local.  

Nos próximos días, o Concello de Neda avanzará a programación da cita, así  como o cartel dos grupos da Noite de Bolos, previa á Festa do Pan.